Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela celebrará o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con varios actos

Por 20 Febreiro, 2019Sin comentarios


Burela celebrará o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con varias actividades como o reparto de marcapáxinas ou a proxección dun filme.
Segundo explica o concelleiro de Cultura, José Díaz, “durante toda esta semana dende o Concello de Burela celebraremos diversos actos conmemorativos na honra de Rosalía de Castro. Mañá, día 20, vaise despregar da fachada da Casa do Concello unha pancarta homenaxe á nosa poeta máis célebre con motivo do 182 aniversario do seu nacemento“.
O edil burelés segue a relatar que “se repartirán marcapáxinas con poemas da figura máis grande da nosa literatura entre os usuarios da Biblioteca Pública Municipal e os alumnos dos centros educativos da vila“.
E engadiu que “o domingo, 24 de Febreiro, ás 20:00 horas proxectárase no Auditorio Municipal o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG. Unha longametraxe que conta cun elenco encabezado pola actriz Melania Cruz como Rosalía de Castro e o actor Fran Lareu como Manuel Murguía. Tamén participan Ledicia Sola, Celso Parada, Alejandro Jato, Tamara Canosa, Josito Porto e David Perdomo. É unha película nominada en 7 categorías nos XVII premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual, cuxa gala de entrega terá lugar o 2 de Marzo no Palacio de la Ópera da Coruña. A entrada a dita proxección será de balde“.