Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

O Concello de Mondoñedo rematou as obras de asfaltado e repintado en dous tramos da estrada N-634

Por 24 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Goberno local de Mondoñedo anuncia o remate das obras de asfaltado e repintando que lle foron solicitadas ao Ministerio de Fomento en dous tramos da estrada N-634, ao seu paso polas poboacións de San Vicente e Sasdónigas, no termo municipal de Mondoñedo.
A partir de agora, o Goberno local do Concello de Mondoñedo está en condicións de asinar a acta de cesión dos tramos da estrada N-634 por parte do Ministerio de Fomento, tal e como lle demandaron os veciños, o que permitirá unha redución da burocracia con respecto ao uso da vía. En concreto, o departamento do Estado porá ao seu cargo, sen ningunha achega económica adicional, estes dous tramos da estrada N-634 que veñen de ser acondicionados.
Tramo I: San Vicente, con inicio en p.k. 596+742 da actual N-634, coordenadas UTM (ETRS89) X= 630.266 Y=4.806.115, e final en p.k. 597+025, coordenadas UTM (ETRS89) X=630.024, Y= 4.806.260, cunha lonxitude real de 367 m., e unha superficie estimada de 6.712 m2.
Tramo II: Sasdónigas, con inicio en p.k. 598+400 da actual N-634, coordenadas UTM (ETRS89) X=629.034, Y=4.805.720, e final en p.k. 599+588, coordenadas UTM (ETRS89) X=627.983, Y=4.805.246, cunha lonxitude real de 1.180 m., e unha superficie estimada de 16.282 m2.
A lonxitude total dos tramos a ceder é de 1.547 metros cunha superficie total estimada es de 22.994 metros cadrados.
Coa sinatura da cesión o Concello de Mondoñedo asumirá a titularidade dos tramos da estrada sinalados, con todos os seus elementos auxiliares e equipamentos, sendo a partir do día da data titular dos mesmos, e consecuentemente, responsable da súa conservación e explotación.