Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXARibadeo

Xa hai gañadora do Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca de Ribadeo

Por 25 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A galería Terra Branca de Ribadeo fixo público o fallo do 5º Concurso de Cartas de Amor, convocado con motivo da celebración de San Valentín. A madrileña Nuria Blanco resultou gañadora deste certame ao que se presentaron preto de 70 traballos enviados desde diversos lugares de España.
Terra Branca recibiu cartas procedentes de diferentes cidades das comunidades de Madrid, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Cataluña e Valencia.
A galardoada nesta quinta edición do Concurso de Cartas de Amor, Nuria Blanco, desprazarase ata Ribadeo para recoller o seu premio a principios do próximo mes de marzo. Recibirá unha fermosa peza do artista mariñáno Alfonso Otero Regal.
A galería ribadense está a preparar un novo proxecto que “consistirá na edición dun libro cos cinco traballos gañadores do Concurso de Cartas de Amor, que estará ilustrado con debuxos da artista Mariángel Leal en alusión a cada unha das cartas. Este libro tamén contará cun DVD, que conterá cinco vídeos creados por Terra Branca Audiovisuais e que estarán inspirados nos textos dos autores que resultaron premiados. Incluirán biografías dos concursantes”, explica José Ramón Leal, propietario de Terra Branca.