Skip to main content
ActualidadeCervo

Alfonso Villares aspira a revaliar a cuarta maioría absoluta nas municipais

Por 25 Febreiro, 2019Sin comentarios


Alfonso Villares aspira a revalidar a súa cuarta maioría absoluta nas eleccións municipais de maio. Así o subliña o popular, logo de acadar a confianza da dirección provincial para ser o candidato desta formación política no municipio de Cervo. Deste xeito, e de obter o apoio da cidadanía, este sería o cuarto mandato do cervense á fronte da entidade local
Alfonso Villares amósase satisfeito do traballo feito nestes últimos anos, “pois este permitiunos cumprir o programa nunha alta porcentaxe”. Con todo, subliña que “non me conformo” e que lle gustaría voltar a acadar a maioría para dar continuidade “ao modelo de municipio que construímos nestes anos”; o mesmo, asegura, que contribuíu a poñer en marcha a residencia e o centro de día.
“O noso compromiso cos cervenses é indudable. Puxemos en funcionamento este servizo e, por tanto, unha mellor atención aos veciños. Pero é que, ademais, creamos novos postos de traballo nun campo que, debido ao avellentamento da poboación, é cada vez máis demandado. Cubrimos así, dúas necesidades que son prioritarias para este goberno: que os cidadáns teñan unha calidade óptima e xerar emprego no concello”, remarca.
O popular márcase como obxectivo “continuar na mesma senda” e ofrece todo o seu empeño para “seguir achegando sevizos básicos e necesarios aos cidadáns tanto da zona urbana, como da rural”. A modo de exemplo cita a mellora do saneamento das diferentes parroquias.
Por todo elo, a presidenta provincial, Elena Candia, agradece ao alcaldable “o seu compromiso cos veciños e a eficaz xestión á fornte do ente local”. A dirixente dos populares tampouco  dubida en recoñecer que Villares “é o mellor candidato e alcalde que pode ter este concello”.