Skip to main content
ActualidadeCervo

A parroquia de San Román de Cervo celebrará o Entroido o sábado 9

Por 27 Febreiro, 2019Sin comentarios

A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo. Esta festa está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.
A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband. Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.