Skip to main content
AbadínActualidade

Ultímanse os traballos de mellora do firme da N-634 en Abadín

Por 25 Febreiro, 2019Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, efectuou unha visita en Abadín, ás obras que está a levar a cabo o ministerio de Fomento para a mellora do firme na N-634. Estas obras inclúense dentro do plan de choque de acondicionamento da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo.

Isabel Rodríguez remarcou “o compromiso do Goberno coa provincia de Lugo, que queda patente co esforzo que está a facer Fomento para garantir o bo estado da rede estatal de estradas, logo de anos de abandono”. Tamén destacou que con estas obras de mellora do firme “aseguramos a conservación das principais vías de comunicación da provincia, pero ademais contribuímos a mellorar a seguridade vial, que é o noso principal obxectivo”.

A  subdelegada inspeccionou os traballos de mellora do firme que nesta fase se están a ultimar hoxe no municipio de Abadín. Esta actuación inclúese no plan de posta a punto do firme na N-634, a N-VI, a N-540 e a N-120 e conta con un presuposto total de 2,22 millóns de euros. A actual fase das obras de emerxencia na N-634 afectan aos concellos de Abadín, Vilalba, Lourenzá e Barreiros.

Fomento xa leva investidos en obras de conservación nas estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros e contaba con unha partida de 26 millóns de euros para o mesmo fin no proxecto dos Presupostos Xerais do Estado para este ano.