Skip to main content
AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Aprobada unha unha proposta socialista para repetir as mostraxes de poboación de ourizo de mar na Mariña

Por 24 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que repita as mostraxes sobre a poboación de ourizo de mar na Mariña. A portavoz de Marisqueo, Patricia Otero, presentou esta iniciativa coa proposta das confrarías de Lugo logo de ter autorizado a extracción mediante mergullo, que pon en perigo esta especie.

A responsable socialista presentou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento as peticións das confrarías fronte aos plans de xestión de recursos específicos en Galicia, publicada o pasado 20 de decembro habilitando a explotación do equinodermo pola empresa Aresmar. As confrarías, explicou, presentaron alegacións que foron desatendidas pola Xunta xa que entenden que a autorización deriva dun informe “de parte” a raíz de mostras nos lugares sinalados pola empresa.

De acordo coa proposta aprobada hoxe, o goberno galego deberá facer unha nova mostraxe, desta vez aleatoria e cos seus medios propios, e a partir dos resultados valorar de novo a autorización da extracción do equinodermo mediante mergullo con subministro de aire dende a superficie”.

Otero reclamoulle ao PP “coherencia” coas declaracións do propio José Manuel Balseiro, cando era deputado do PP en 2011 e 2012, quen alertara do impacto negativo na especie das novas fórmulas de mergullo. A parlamentaria socialista explicou que o ourizo hoxe non se atopa en perigo, pero vén de sufrir etapas de peche, e a autorización desta modalidade de extracción pode esgotalo e prexudicar aos mariscadores a pé.

Sobreexplotación

Hoxe hai 29 mariscadores a pé que teñen un tope de extracción de 50 quilos diarios, e que retiran 1.480 quilos ao ano, ademais de que dependen ademais das mareas e da situación atmosférica. Sen embargo, hai 2 lanchas con 4 mergulladores que ademais de que non dependen das mareas e son menos sensibles ás condicións atmosféricas, poden retirar 80 quilos diarios por persoa, o que eleva a extracción a 6.480 quilos ao ano.

A parlamentaria da Mariña sinalou que “non estamos a pedir que se prohiba esta modalidade de extracción, senón que se faga unha mostraxe obxectiva e, en función dos resultados, decidan se a autorización de mergullo é factible ou non”. Reclamoulle ademais ao PP que “expliquen por que agora autorizan unha modalidade de recollida da especie que antes criticaban”