Skip to main content
ActualidadeBarreiros

O BNG de Barreiros di que o alcalde intentan confundir á veciñanza en función dos intereses do PP

Por 1 Marzo, 2019Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros saíu ao paso do anuncio feito polo popular Alfonso Fuente e a conselleira de medio ambiente, anunciando o documento inicial do PXOM. A portavoz nacionalista cualificou o acto como “puramente electoralista e enmarcado na campaña de lavado de imaxe que está intentando facerlle o PP a Alfonso Fuente.”
Segundo Ana Ermida, o BNG solicitou en todos os plenos que se celebraron desde mediados do 2017 unha reunión co equipo redactor do PXOM para coñecer o documento e poder explicarllo á xente. Pero, afirma que o único que conseguiron foron respostas evasivas para “darnos largas”. A portavoz do BNG lembra que “o único documento que no seu momento, hai mais de cinco anos, se fixera público só fóra explicado diante das veciñas e veciños polo BNG; mentres o PP trataba de ocultalo polo seu beneficio electoral”.
Para o BNG “o acto de onte, con unha conselleira que se atreve a falar de desenvolvemento e urbanismo responsable en Barreiros é unha auténtica burla ás persoas que viven e coñecen Barreiros. E que se atrevan a dicir sen que lles dea a risa que o goberno municipal estuvo traballando estes anos é unha verdadeira tomadura de pelo para calquera persoa que coñeza este concello.” “Que a conselleira fale de traballo do equipo de goberno e de urbanismo sostible en Barreiros nun mesmo acto demostra que non sabe absolutamente nada de Barreiros e que non estuvo aquí máis que os cinco minutos da foto”, asegura.
Desde o BNG tamén reprochan que o PP pretenda agora validar a xestión do goberno de Alfonso Fuente baseándose nunha absolución nun xuízo penal. “A sentenza do xulgado do penal non entra en ningún momento a valorar a legalidade das licenzas ou a xestión e modelo urbanístico que se fixo en Barreiros. No ámbito penal dirimíase exclusivamente se existía xeito de probar que as actuacións das persoas encausadas eran delictivas, pero en ningún caso se fixo un xuízo sobre o urbanismo de Barreiros”, aseguran.
“Polo tanto, a única situación que cambia é a das persoas xulgadas; en nada afecta ese fallo xudicial ao Concello nin á súa xestión. O único que se está comprobando é que a Alfonso Fuente o único que o preocupou e o segue preocupando é o seu propio futuro e que durante estes anos estuvo durmindo nunha alcaldía na que non contaba seguir xa a estas alturas”, asegura Ana Ermida.
A formación nacionalista argumenta que “a única seguridade xurídica que aporta unha sentenza no ámbito penal é ás persoas enxuizadas e, esa seguridade será no momento no que adquira firmeza. E neste caso, non podemos esquecer que a quen se xulgaba non era ao Concello, senón ao alcalde polas súas actuacións persoais. Polo que o fallo, non ten incidencia xurídica no Concello”, afirman.
Desde o BNG insisten en que “o Partido Popular e o que xa parece claro que será o seu candidato utilizan as institucións ao seu antollo e están facendo agora un intenso traballo de lavado de cara a un goberno que abandonou e arruinou Barreiros, anunciando investimentos e paseando cargos da Xunta que levaban anos sen querer aparecer en Barreiros nin co seu alcalde.”
“Lástima que estes retoques de chapa e pintura de última hora xa non lle sirvan a ninguén, porque a xente de Barreiros sabe e ve a situación do noso concello e non van deixarae enganar por cantos de serea a dous meses das eleccións municipais, que á vista está que é o único que os preocupa agora, vendo que ata anuncian que non van aprobar inicialmente o PXOM en campaña, o que amosa que o documento xerará malestar e suporá problemas ás veciñas e veciños”, conclúen desde o BNG.