Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Galicia difunde os productos do mar no Seafood de Boston

Por 15 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Doce empresas galegas participarán na feira Seafood Expo North América 2019, que se celebra en Boston desde o domingo 17 ao martes 19 de marzo. O posto galego neste evento busca deste xeito promocionar os produtos do mar de Galicia e de buscar novas oportunidades de negocio.
Nesta edición da feira de Boston o posto da Xunta albergará a Pescados Rubén, Fesba, Pescados Hermanos Lijó, Cassua, Frigoríficos Botana, Congelados Noribérica, Pasteurizados Cíes, Congelados Videmar, Isidro 1952, Nagreen Group, Salgado Congelados e Oversea Atlantic Fish. Ademais, tamén estarán presentes na feira con posto propio outras entidades galegas como ADM Galicia, Cabomar, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Grupo Ibérica Congelados, Ingeniería de Proyectos Marinos (Inpromar), Rotogal, Stolt Sea Farm, World Wide Fishing Company e, a través das súas filiais estadounidenses, Nueva Pescanova, Profand e Mascato.
Galicia participa neste certame desde o ano 2015 e nesta edición faino cun posto de 165 m2 que acolle ás empresas galegas coexpositoras dos sectores do conxelado e dos produtos do mar procesados. Este posto tamén contará cunha zona destinada a centro de negocios na que as empresas poden manter reunións co obxectivo de establecer lazos comerciais e de buscar novos clientes.  Ademais nun espazo do posto realizaranse pequenas demostracións culinarias entre os visitantes cos produtos de distintas empresas coexpositoras.
A maiores, Galicia estará presente nas actividades da Seafood Expo North América, a través dunha presentación de produtos do mar galegos que realizará o cociñeiro Álvaro Villasante, do restaurante Paprica de Lugo, pertencente ao grupo Nove. Esta acción terá lugar o domingo de 13:00 a 14:00 horas na Sala Demo Cooking, que ten un aforo de 60 persoas.
Este tipo de accións axudan a difundir atractivos de Galicia como a calidade dos seus  peixes e mariscos, a súa versatilidade gastronómica e o saber facer da comunidade galega no eido do mar de cara a eventos como o Xacobeo 2021.