Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

O Pádel Club Ribadeo organiza o III Open de Pádel en abril

Por 21 Marzo, 2019Sin comentarios

O Pádel Club Ribadeo acollerá o III Open de Pádel Balpersa Volvo, que se celebrará do 18 ao 21 de abril nas instalacións do clube ribadense.

Neste torneo establécense varias categorías: 1ª, 2ª e 3ª masculina, 1ª e 2ª feminina e mixta. Os premios para os finalistas consistirán en material deportivo.

As persoas interesadas poden facer as súas inscricións en www.mistorneosonline.es, no número de teléfono 650 624 350 e na recepción do Pádel Club Ribadeo. O precio da inscrición, que estará aberta ata o 15 de abril, é de 18 euros máis 10 euros cada categoría adicional.

O III Open de Pádel Balpersa Volvo está organizado polo Pádel Club Ribadeo e patrocinado por Balpersa Volvo.