Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A CIG asegura que o centro de saúde de Ribadeo se atopa abandonado pola Xunta

Por 21 Marzo, 2019Sin comentarios

Dende o sindicato nacionalista explican que a dotación SERGAS para o Centro de Saúde de Ribadeo é de 6 médicos/as pola mañá, 1 médica pola tarde, 6 enfermeiras pola mañá, 1 enfermeira pola tarde e 1 pediatra ademais de outras categorías sanitarias e non sanitarias.
Hoxe xoves, atópanse pechadas tres consultas médicas e dúas de enfermaría, o mércores só había tres médicas e así practicamente todos os días dende fai máis dun mes ao non cubrirse as ausencias nin as baixas por enfermidade das traballadoras”, ratifican.“A semana pasada quedaron só dúas médicas de familia para atender o cupo de seis e tamén o da pediatra xa que non foi cuberta a súa ausencia, algo totalmente inadmisible e que pon en perigo a saúde das persoas”, explican.
Advirten que o Sergas tomou como norma que se faltan dúas médicas, non cubrilas e se faltan tres, cubrir unha das ausencias de cando en vez.Consulta de pediatríaO Centro de Saúde de Ribadeo conta cunha pediatra de familia para atender ás crianzas de Ribadeo e Trabada. Dende o 22 de marzo estará ausente até xoves 28 e non será cuberta mais que un día á semana durante catro horas.
Abandono da atención primaria“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual”, denuncian desde a central nacionalista, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña, que provoca frustración nas profesionais ao non poder adicarlle ao seus pacientes o tempo que consideran necesario para unha boa atención, sobrecarga asistencial e unha perda de calidade asistencial”.
“Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos” e sinalan como únicos responsables a “incompetencia e abandono” na xestión do goberno galego, única causa que está a provocar o deterioro progresivo da calidade asistencial na Atención Primaria en Ribadeo e en toda A Mariña.
Dende a central nacionalista instan ao SERGAS a cubrir todas as ausencias no Centro de Saúde de Ribadeo e demandan ao presidente da Xunta unha “rectificación” das políticas sanitarias actuais e o cesamento do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, porque é “parte do problema”.