Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Máis de 600 persoas pasaron polo Servizo de Orientación Laboral do concello de Ribadeo nos últimos meses

Por 30 Marzo, 2019Sin comentarios

Máis de 600 persoas foron atendidas no Servizo de Orientación Laboral do Concello ribadense nos últimos cinco meses, desde o pasado outubro de 2018.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local explican que “o Concello de Ribadeo é un centro colaborador da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O servizo de orientación laboral vai dirixido a mellorar a empregabilidade e a cualificación profesional das persoas desempregadas mediante a información, o diagnóstico, asesoramento, motivación e acompañamento nos procesos de busca e/ou cambio de emprego”.

E engaden “neste servizo aténdense tanto ás persoas citadas a través do Servizo Público de Emprego de Galicia coma ás persoas que voluntariamente se achegan de cara a solicitar información para mellorar a súa empregabilidade e formación”.

O Servizo de Orientación Laboral, dependente da Concellaría de Desenvolvemento Local, conta tamén cunha Bolsa de Emprego, na que están inscritas más de 500 persoas. A finalidade desta Bolsa de Emprego “é dar servizo tanto ás persoas desempregadas, que acoden voluntariamente a inscribirse na mesma, coma ás empresas que solicitan persoas traballadoras”.

Outra das medidas que ten en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local é unha páxina de Facebook, ADL Ribadeo, onde diariamente se informa sobre ofertas de emprego, formación,axudas para a contratación e sobre todos aqueles temas que se consideran importantes tanto para as persoas desempregadas como para empresas e autónomos.