Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A Unidade Móbil da ITV estará en Ribadeo o 9 e 10 de maio

Por 30 Marzo, 2019Sin comentarios

O concello de Ribadeo deu a coñecer que a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos levará a cabo unha Inspección Técnica de ciclomotores os días 9 e 10 de maio na antiga Estación de Autobuses de Ribadeo, detras das vivendas sociais, cun horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.
A cita poderá concertarse a través da paxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00.
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.