Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

O SD Pol festexa o día 30 cunha churrascada o seu 40 aniversario

Por 26 Marzo, 2019Marzo 27th, 2019Sin comentarios

A Sociedade Deportiva Pol celebrará o 30 de marzo a festa do cuarenta aniversario da súa fundación. Para esta ocasión, o club de fútbol ten prevista a celebración dunha churrascada popular  que terá lugar na carballeira de Mosteiro nunha carpa climatizada colocada para a ocasión.

A parte musical estará a cargo de Luar na Lubre e da orquestra Xacobeo, na que vivirán unha xornada importante.

O club milita actualmente en Primeira Autonómica tras ascender o ano pasado e, a falta de 7 xornadas para que remate a Liga, teñen asegurada a permanencia na categoría tras estar situados por riba do medio da táboa.

O conxunto polense xoga no campo Manuel Luna, que está en proceso de remodelación. De feito, aproveitando o ascenso do Pol a Primeira Autómica, o concello instalou unha pequena tribuna no fondo sur para acoller aos afeccionados os días de tempo inclemente de inverno e tamén milloraron o terreo de xogo, de herba natural, para poder xogar en condicións.