Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Satifacción en Ribadeo tralo anuncio dun novo apeadoiro de Feve nas Catedrais

Por 7 Marzo, 2019Sin comentarios

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que o entorno da praia das Catedrais hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte. Así se referiu á intención do Ministerio de Fomento de construír un apeadeiro de Feve nas inmediacións do emblemático areal. O rexedor felicítase pola nova e agarda que non se trate dun anuncio electoral. Barcia subliñou que esta semana podería quedar listo o plan especial de protección da praia das Catedrais, no que o Concello leva moito tempo traballando, para proceder á súa aprobación provisional e ao posterior envío á Xunta de Galicia.
Fernando Suárez dixo: “sobre este anuncio da construción dun apeadeiro de Feve nas inmediacións das Catedrais, temos que parabenizar ao Ministerio de Fomento por esta iniciativa que, por fin, se ve que se empeza a facer caso do que desde o Concello de Ribadeo levamos varios anos dicindo, que este entorno hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte”.
O rexedor sinalou que “dado que é un feito que a este areal veñen, polo menos todo o mundo asume, medio millón de visitantes ao longo do ano. Vendo por outra banda que Feve está nunha situación bastante decadente, e que pode ser unha escusa perfecta para que desde calquera punto, desde calquera estación, non soamente desde Ribadeo, senón desde outros lugares de Galicia, Asturias, Cantabria ou mesmo País Vasco, poidan vir directamente á praia das Catedrais en transporte público”.
Suárez Barcia agarda que “non sexa un anuncio electoral, senón que sexa realizable e posible, e que o digan de corazón e con toda a intención de facelo, e desde o Concello a partir de hoxe poñémonos á súa disposición para coordinar as actuacións. Entendo que despois do apeadeiro haberá que facer un acceso, polo tanto hai cousas nas que o Concello é capital para todo isto”.
Para o rexedor: “dáse un paso para empezar a traballar entre diferentes administracións, que aínda que politicamente poidamos ser diferentes, oxalá traballando de xeito sincero, leal e en positivo logremos que este lugar siga sendo máis atractivo do que xa é, e que a xestión dos fluxos das persoas sexa moito máis cómoda e moito máis agradable”.
O alcalde engadiu; “confiamos que nesta semana poidamos ter operativo todo o documento que estamos tramitando do plan especial de protección do entorno da praia das Catedrais, para sometelo a aprobación provisional e o envío posterior á Xunta para aprobación definitiva por parte desta. Con isto teremos un documento e un marco de referencia legal xurídico moi potente para seguir traballando entre varias administracións sobre un documento concreto, cunhas liñas e cunhas estratexias de actuación para seguir logrando disto o que é, unha das mellores praias do mundo e queremos que o seu entorno sexa tamén o adecuado para o que é o areal”.