Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A gañadora do concurso de Cartas de Amor de Ribadeo recolleu o seu premio

Por 13 Marzo, 2019Sin comentarios

Nuria Blanco, a gañadora do 5º Concurso de Cartas de Amor organizado pola galería Terra Branca para celebrar o día de San Valentín, recolleu o seu premio. A madrileña desprazouse ata Ribadeo para recoller unha fermosa peza do artista mariñano Alfonso Otero Regal.
Terra Branca creou un vídeo clip coa carta premiada, recitada pola xornalista Mª José Fernández Azpeitia e con música composta para a ocasión. A creación pódese ver nas redes sociais da galería ribadense. https://www.facebook.com/galeriaterrabranca/videos/579071452593627/
Ao 5º Concurso de Cartas de Amor presentáronse neste 2019 un total de 70 traballos chegados desde cidades das comunidades de Madrid, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Cataluña e Valencia.
José Ramón Leal agradece a participación no concurso: “En Terra Branca estamos moi contentos porque ano tras ano o número de cartas recibido vai en aumento”.