Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O Centro Pedro Murias acolle unha xornada sobre unha alimentación

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios


O Centro Pedro Murias, de Vilaframil, acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada Pensar unha alimentación máis próxima. A cita está coorganizada polo Concello de Ribadeo e pola rede ReVOLTA.
Fronte aos procesos de  agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros de produción e distribución máis próximos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentable como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.
Os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. “A sustentabilidade do propio sistema alimentario virá dado si somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos”, explican desde a organización.
Dende a o Concello de Ribadeo e co-coordinado pola rede REVOLTA, http://revolta.usc.gal/ composta por oito grupos de investigación das Universidades galegas e configurado como o lugar de encontro das investigacións arredor da agroecoloxía e do medio rural galego ábrese ao conxunto da cidadanía un encontro co que pensar como sería posible crear unha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do río Eo.
Por este motivo vaise celebrar a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil, o vindeiro venres, 22 de marzo.
A xornada comezará ás 10:00, para despois continuar ás 10:30 coa Mesa: Outro sistema alimentario é posible, ás 12:00 será o tempo de descanso, e continuará ás 12:30 coa Sesión participativa Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo

Polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o catedrático en Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto , así como un representante de AGACAL
A xornada conta coa coorganización do Concello de Ribadeo e a colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Aquelas persoas interesadas en participar na xornada deben inscribirse en rede.revolta@usc.es