Skip to main content
ActualidadeBegonte

Comezan as Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario en Begonte

Por 7 Marzo, 2019Sin comentarios
Castiñeiro Milenario comeza o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro de Begonte.
Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois farán a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levan intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin verá a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine vai ser a proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado Dos Gaiteiros do Mar. A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido.

Despois deste inicio espectacular, seguirán co concerto que vai dar a banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán.

A foliada propiamente comezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contan con dous grupos Os Feroces da Galgueira, que veñen desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.