Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Nova Poesía Guitírica lanza a súa web

Por 20 Marzo, 2019Sin comentarios

A NPG Nova Poesía Guitírica lanza a súa web, http://npggazeta.gal plantexada como unha revista poética dixital aberta a outros grupos poéticos de base e coa vocación de ser nun futuro tamén revista en papel.

A web, conta xa con unha primeira colaboración como exemplo de Antón de Guizán (NPG) e Toño Núñez e a sección Estraperlo de publicacións dixitais para descargar gratuitamente. En proximos días estrearemos cabeceira con deseño da artista Luz Darriba.

O consello editorial está constituido por unha persoa de cada grupo poético, Poesía galega ceibe da Costa da Morte, Moraima de Ferrolterra, In Nave Cívitas da Coruña e NPG da Terra Chá. Ao consello editorial iranse incorporando tantas persoas como grupos se adiran no futuro, dos que se prevén novas incorporacións nos próximos días. A coordinación corresponde ao poeta Moncho Bouzas de NPG.

A debuxante vilalbesa Isabel Pardo é a encargada das ilustracións, que comezaron xa cos retratos dos poetas participantes. A NPG GaZeta será on soporte básico dos certames futuros, tanto para as convocatorias como para as publicacións e tamén o motor de colaboración entre diferentes colectivoa poéticos de base.
Este novo paso consolida o camiño comenzado o 23 de outubro de 2015 pola NPG, que en pouco máis de tres anos se ten convertido en referente da actividade poética chairega e mesmo alén da comarca polo dinamismo e orixinais propostas de participación aberta. Vilariñas, Poemas pendurados de farolas, publicacións dixitais, recitais, concertos, xornadas…teñen convertido á NPG nun dosn grupos poéticos máis activos do país.

Ao éxito do facebook con máis de 3000 aderidos, a Nova Poesía Guitírica suma agora plataforma web para sumar cualitativamente na difusión da poesía galega dun xeito directone en rede.