Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras iniciou as obras de mellora do cemiterio

Por 6 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Muras ven de poñer en marcha o seu plan de melloras en servizos básicos coa obra do cemiterio, coa que pretenden facer unha rehabilitación do camposanto, é dicir, ampliar a oito o número de nichos, e ademais botar o chan en formigón xa que agora era grava. Tamén darase un lavado de cara ao pechamento exterior.

O orzamento do proxecto ascendía a 54.745,07 euros e finalmente a empresa adxudicataria BCenor SL. conseguiu a obra por 42.261,55 euros, polo tanto 12.483,52 é o sobrante desta obra, que servirá para facer outros proxectos de servizo público no concello.

Desde o Concello recalcan que este é un servizo básico que vai na liña que propoñen dende o goberno munipal de ir mellorando e poñendo en marcha servizos básicos que non existían ou que estaban deteriorados.