Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O PSOE impugna o censo electoral de Rábade

Por 14 Marzo, 2019Sin comentarios

O PSOE Provincial impugnou o censo electoral de Rábade para as eleccións xerais ante o incremento de residentes “significativo” e “inxustificado” no municipio lucense. Así o informou este mércores a Secretaria de Organización na provincia de Lugo, Mar Iglesias, que explicou que “dende o partido tomamos esta medida que recolle a lei tras o aviso da Oficina do Censo Electoral ao Concello do aumento no número de potenciais votantes durante o último semestre do 2018.

Mar Iglesias advertiu que a Oficina do Censo Electoral (OCE) púxose en contacto co Concello de Rábade para acreditar que o aumento de electores respondía a persoas que viven no municipio. “Unha vez recibida a petición, o Consistorio debe realizar as xestións pertinentes e comunicarllas á OCE” apuntou o socialista.

O Boletín Oficial da Provincial, publicado o 11 de marzo, recolle que o Concello de Rábade non xustificou satisfactoriamente a súa resposta á OCE sobre o aumento do número de persoas afincadas na vila polo que foi incluído no listado de Concellos cun incremento “significativo” e “non xustificado”. 

“Ante esta situación de aumento de altas sospeitosas, dende o Partido Socialista rexistramos a impugnación de dito censo co principal obxectivo de salvagardar un proceso democrático fundamental e defender a súa transparencia”.

A Secretaria de Organización aclarou que o seguinte paso será que a Oficina do Censo Electoral dite resolución e ordene as rectificacións pertinentes no censo de Rábade segundo o resultado dos seus informes e inspeccións.