Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade abre un novo parque infantil en Piñeiro

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade vén de rematar as obras de construción dun novo parque infantil na parroquia de Piñeiro, unha obra que tiña un orzamento de 10.254 euros, con cargo a fondos propios.

As obras consistiron na colocación dunha base de formigón que despois recubriron con caucha para protexera aos pequenas nas caídas. Finalmente colocaron los xogos infantís que consistiron na colocación dun columpio, un balancín e un tobogán.

Trátase dun parque de nova creación que complementa as obras de mellora dos accesos e estradas nesta mesma parroquia. A intención do concello con esta obra foi ofrecer un espazo de esparcemento aos maís pequenos.

CAMIÓN GRÚA

Por outra banda, o concello de Xermade comprou un camión con grúa por un valor de 31.460 euro. O custe foi dividido entre a Deputación, que puxo 22.000 euros, e o Concello, con 9.460. Esta compra serve para seguir aumentando o parque movil do Concello, aínda que nesta lexislatura xa se mercaron dous tractores con catro desbrozadoras, unha retroexcavadora, un coche para servizos municipais, un carrito de emerxencias con bombas de achique, un cortacespede e unha furgoneta de proteccion civil.

ILUMINACIÓN

Por outra banda, o concello cambiará tamén as 380 bombillas do concello por outras con tecnoloxía LED nas principais oito parroquias do termo municipal. Esta será a primeira actuación que acometerá o concello, que continuará traballando nesta liña no resto de parroquias ata completar todo o termo municipal. Esta acción lévase a cabo cos cartos concedidos pola Deputación dentro do Plan Único do 2018.