Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Alimentación na xestación

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Ola un mes máis lectores, desta vez falaremos  sobre a alimentación na xestación, non é a primeira nin a segunda vez que escoito  as nais xestantes decir  “cando dé a luz teño que poñerme a dieta xa que agora non podo” , ese pensamento é un erro , nesta etapa da vida é unha das etapas nas cales é mais necesario coidarse para así sufragar todos os requerimientos nutricionais  que o  feto  e a nai xestante necesitan .

Antes de nada considero oportuno decir que unha nai xestante non debemos de tratala como a unha persoa enferma,  salvando pequenas particularidades a dieta de una nai xestante non disipa demasiado da dieta de unha  persoa normal, iso de que unha nai xestante debe comer por dous ou de que si non se lle cumplen os antoxos o  bebé nacerá con manchas na pel ou que o bebé pode nacer con problemas son nin máis nin menos que mitos e pensares equívocos.

É importante empezar un plan nutricional  antes de quedar embarazada ,  pois  en función do peso que  partimos  faremos a valoración  da ganancia de peso a realizar durante dito proceso,  decir tamén que hai un maior número de riscos asociados  nunha  nai xestante que parte de   sobrepeso ou obesidade que nunha  nai xestante que parte de normopeso pero  que fixo unha ganancia de peso superior a programada, cada vez son máis recurrentes os casos con diabestes xestacional, o 50% dos casos podrían remediarse con unha alimentación ben pautada.

Realizar un plan nutricional antes de quedar en cinta é importante tanto si se parte de sobrepeso xa que en estes casos  a baixada de peso deberá realizarse sempre antes de quedar en cinta xa que non se debe  baixar peso unha vez embarazada así como tamén é importante realizar un plan nutricional  antes de quedarse embarazada as nais  que parten de normopeso xa que hai certos nutrintes como o iodo ou a vitamina b9 (ácido fólico) que son fundamentais durante as primeriras semanas de xestación e que se corremos o risco  de non garantizalos si a dieta non está ben programada.

Non se recomenda baixar peso durante a xestación , baixar peso é señal de que a dieta é insuficiente calóricamente falando  e iso vai a xerar maior cantidade de corpos cetónicos, os corpos cetónicos  son o  producto que se obtén  trala combustión da graxa, una dieta hipocalórica xera ditos corpos que poden provocar problemas no desarrollo do  feto provocando incluso una morte fetal.

A dieta de una nai xestante debe ser unha dieta equilibrada, unha dieta non restrictiva na que se  atopen todos os macronutrientes (graxas, proteínas , hidratos) e tódolos micronutrintes (vitaminas e mineráis) , os hidratos de carbono son fundamentáis nesta etapa da vida , iso si , deberemos recurrir a hidratos  integrais como arroz integral, quinoa, trigo sarraceno, centeno así como tamén deberemos recurrir a graxas boas como aceite de oliva virxe, froitos secos, peixe  azul , aguacate etc

Debemos prestar especial atención ao omega 3 e 6 , ao ferro, ao iodo, a vitamina B9 , debemos limitar o consumo de mercurio , moito ollo a abusar de peixes de tamaño grande xa que presentan maior concentración de mercurio, mellor recurrir ao consumo de peixes de tamaño pequeño como sardiñas, meigas, lirios etc

Os lácteos sempre pasteurizados para así evitar patóxenos,  evitar o consumo de patés e  evitar o  consumo de comida procesada  (risco de contaxio alimentario)

No consumir  ovo crudo nin alimentos elaborados con ovo crudo.

Non  consumir  fiambres como por exemplo o xamón serrano ata descartar toxoplasmosis  salvo que antes fose conxelado , non podemos  comer carne pouco pasada así como tamén  hai  certas infusións  que non son seguras como por exemplo a menta poleo ou a manzanilla xa que teñen un componente ateroxénico que pode xerar malformacións no feto, realmente hai  poucas infusións seguras  e serían as seguintes:   té verde, té negro, té rooibos, jengibre , ortiga , menta  e palla de avena.

Si  vos gustou o post aconséllovos  que visualicedes  na miña páxina de facebook : Noel López pinín – Nutrición- o video que comparto sobre alimentación na xestación, en dito video profundizamos moito máis na materia  de forma conxunta coa miña compañeira Lidia Lestegás (matrona).