Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

A ribadense Ana Iglesias campioa de liga da División de Honra de rugby co CRAT Coruña

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

O CRAT Coruña fíxose co título de Campioas de Liga da División de Honra de rugby feminino, a máxima categoría do rugby nacional, no partido disputado contra o INEF L’Hospitalet en Madrid. Unha das xogadoras deste equipo é a ribadense Ana Iglesias que forma parte da selección Galega de Rugby VII que se concentrará en Ribadeo para preparar o Campionato de España.
O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby Feminino celebrarase en Ribadeo 0 29 e 30 de xuño de 2019. Nel participarán 16 seleccións de entre 15 e 18 integrantes entre as que se atopan a maior parte das xogadoras da Selección Española, actual Campioa de Europa.