Skip to main content
ActualidadeCervo

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña celebrou as súas segundas olimpíadas

Por 8 Abril, 2019Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día Internacional do Deporte, a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, recadou aos seus atletas para participar, por segundo ano consecutivo, nos Xogos Olímpicos.

A actividade tivo lugar onte, día 4 de abril, no pavillón de San Román,  a partir das 11:00 horas e nela participaron 65 persoas.

Ás 11:30 horas, procederon ó encendido da chama olímpica e fixeron unha presentación de todos os equipos participantes que vestiron unhas camisetas de cores. Todos unidos nun gran equipo, ainda que rivais nesta ocasión, defenderon a súa cor na xornada de xogo, que contou con nove probas: Carreira de sacos,O Salto máis grande, Carreira de relevos, Atínalle ó aro , Carreira de ovos, Quen corre máis, Ovos olímpicos, Aros olímpicos, Globos voadores, Goleador, Compañeiros de canicas e Voa o disco, onde os equipos loitaron por acadar a puntuación máxima de cada proba.

Despois dunha mañá chea de xogos, todos os participantes comeron un merecido xantar no pavillón deportivo e disfrutaron cos seus compañeiros da experiencia vivida.

A actividade física, desencadea beneficios de mellora da autoestima, socialización e ansiedade; por iso, considérase o deporte como un campo moi importante para fomentar a calidade de vida diaria.

O deporte, ofrece, novas oportunidades para a recuperación de persoas con enfermidade mental, construindo unha imaxe positiva e deixando atrás ideas e creencias erróneas sobre este colectivo. Considérase un compoñente importante e beneficioso xa que constistúe unha maneira de cubrir as necesidades básicas e favorece o benestar físico, emocional e social.

Para rematar, ás catro da tarde, tiveron o pracer de recibir ó alcalde de Cervo, Alfonso Villares, así como ó tenente alcalde, Plácido Pérez para facer entrega dos trofeos e coñecer o nome do equipo gañador.

Dende A Mariña queren resaltar a importancia do efecto positivo da actividade deportiva na calidade de vida das persoas con transtornos mentais e, para iso, o celebraron con esta xornada única e especial.