Skip to main content
ActualidadeViveiro

Dez usuarios de Aspanane participarán na tamborrada da Semana Santa viveirense

Por 11 Abril, 2019Sin comentarios

Dende o Concello de Viveiro queren felicitar publicamente á Xunta de Cofradías da Semana Santa e a Acción Social de CaixaBank en Galicia por impulsar a iniciativa que permitirá que dez usuarios de Aspanane participen o vindeiro luns na tradicional tamborrada da Semana Santa que, a partir das 21:00 horas, percorrerá as rúas do casco antigo para confluír na Praza Maior.

Este proxecto vén a sumarse a outra acción que a Xunta de Cofradías iniciou xa hai uns anos, reservando zonas específicas para o público con mobilidade reducida; este tipo de iniciativas son as que realmente fan grande a nosa Semana Santa. Este tipo de iniciativas supoñen un gran paso para a integración das persoas con discapacidade intelectual na sociedade e, neste caso en concreto, permitirá que estas dez persoas poidan vivir a Semana Santa dende dentro, sendo partícipes e protagonistas deste emotivo acto.

“Quero aproveitar a ocasión para desexar a estes rapaces que disfruten desta gran oportunidade, que vivan ese momento con ilusión e emotividade, agardando que este iniciativa se consolide en vindeiras edicións e se leve a cabo en moitos outros ámbitos. O meu máis sinceiro aplauso a todas aquelas persoas que fixeron posible esta manifestación de respeto cara a diversidade e todo o meu apoio para este colectivo que, estou convencida, van a brilar na tamborrada” di María Loureiro García, alcaldesa de Viveiro.