Skip to main content
ActualidadeBarreirosFozO Valadouro

A Garda Civil detén aos supostos autores de roubos con forza en Foz e Barreiros

Por 12 Abril, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo na localidade de Foz a dous veciños da vila, como supostos autores dun delito de roubo con forza no interior dunha canteira.
Os feitos tiveron lugar durante a tarde do pasado día 8, ao subtraer supostamente dunha escavadora e dunha pa mixta, ás cales lles forzaron o tapón do depósito de combustible, uns 100 litros de gasoil.
Tamén a Garda Civil detivo na localidade lucense de Barreiros a un veciño de Ferreira do Valadouro de 23 anos de idade como suposto autor de dous delitos de roubo con forza. Impútaselle como suposto autor de dous roubos nun establecemento comercial situado no termo municipal de Barreiros, unha vez na súa poder as pezas subtraídas supostamente vendíaas noutro establecemento situado no mesmo termo municipal.
Os tres detidos pasaron xa a disposición xudicial, en Viveiro e Mondoñedo, respectivamente.