Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Os locais hostaleiros membros de ACISA poderán abrir unha hora máis durante esta Semana Santa

Por 14 Abril, 2019Sin comentarios

Grazas ás xestións realizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo os establecementos hostaleiros asociados a este colectivo disporán dunha hora máis de apertura sobre a súa licenza durante esta Semana Santa, concretamente nas madrugadas desde o día 13 ata o 21 de abril.

Desde ACISA Ribadeo agardan que “isto contribúa de xeito positivo no sector, que ten moitas expectativas postas nestes días de tempada alta. Tamén esperamos por estas ampliacións horarias solicitadas por Acisa e polas actividades organizadas ao longo do ano para o sector hostaleiro que sexan moitos establecementos os que se animen a asociarse ao longo das vindeiras semanas”.

A asociación empresarial ribadense ten boas expectativas para esta Semana Santa porque “a ocupación hoteleira aproxímase ao cen por cen e esperamos que esta numerosa presenza de turistas repercuta tamén moi positivamente nas tendas, bares e restaurantes da nosa vila”.