Skip to main content
ActualidadeBurela

Tras recuperar o protagonismo de Burela na Mariña, o PSdeG-PSOE presenta a súa candidatura ás municipais

Por 22 Abril, 2019Sin comentarios

O PSOE presentou este xoves a súa nova candidatura á alcaldía de Burela para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará o actual rexedor socialista, Alfredo Llano García. Fíxoo nun acto no que participou o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a candidata do PSOE ao Congreso, Ana Prieto, e o candidato ao Senado, César Mogo.

O Alcalde de Burela agradeceu a confianza amosada polos compañeiros da agrupación socialista “para seguir liderando este proxecto de progreso e próximo ás persoas. Neste mandato dende o PSOE no Goberno Municipal conseguimos que Burela recupere o protagonismo que merece na Mariña e que perdera nos últimos anos co PP. E o fixemos mellorando os servizos sociais, sostendo a economía do Concello e acondicionando infraestruturas e dotacións públicas. Un dos compromisos deste equipo de goberno era facer de Burela o mellor lugar para que as persoas desenvolveran o seu proxecto de vida. E o conseguimos, hoxe no Concello hai máis veciños menores de 20 anos que maiores de 65, grazas ás facilidades que ofrecemos aos veciños para que se asenten no noso municipio. Un feito único en toda a provincia do que podemos estar moi orgullosos todos os burelenses, exemplo de cooperación entre veciños. Dende o PSOE seguiremos con todos os proxectos de futuro e poñendo en marcha novas iniciativas para ofrecer a todos os veciños de Burela servizos e oportunidades de vida”.

O turismo, un piar fundamental

Alfredo Llano tamén destacou a importancia de dar continuidade á política que se está levando a cabo dende o Goberno Municipal colaborando con todas as asociacións, clubs e entidades, así como con diferentes sectores de Burela como a pesca ou a hostalería, poñendo no mapa ao Concello cultural, deportiva e turísticamente. “Somos conscientes do papel fundamental que xoga o turismo en Burela, por este motivo ofrecemos multitude de iniciativas para promocionar o noso municipio e ao mesmo tempo dinamizar a economía e a vida na vila”. Neste eido, o Alcalde sinalou que dende o Concello se seguirá traballando para ter en bo estado as praias, as rutas xeolóxicas e de sendeirismo “pois son un atractivo significativo de Burela”.

Máis melloras en prestacións básicas

“Dende o Executivo Municipal fixemos melloras en accesos, beirarrúas, estradas, parques infantís, alumeados públicos…que non sería posible sen a inestimable colaboración dos nosos compañeiros na Deputación. Para o vindeiro mandato quédanos pendente a dotación dun pavillón deportivo e unha nova EDAR, que agardamos que o PP na Xunta de Galicia colabore pois nestes 4 anos non fixo absolutamente nada e iso que ten as competencias na materia.

Candidatura comprometida cos veciños

O Alcalde destacou que “é unha candidatura representativa da sociedade burelense, na que hai dúas incorporacións novas, María del Carmen López e Antonia Eijo, pero que se trata dunha lista de continuidade, comprometida e que vai traballar, como vimos facendo nestes 4 anos, por e para os veciños de Burela”. O rexedor fixo unha mención especial aos Concelleiros que o acompañaron neste mandato que “fixeron un traballo serio, constante e diario para atenden as demandas e necesidades dos veciños”.

A lista intégrana Alfredo Llano García, Ramiro Fernández Rey, María del Carmen López Moreno, José Díaz García, Noelia María Ben Vázquez, Antonia Eijo Silvoso, Jose Manuel Fernández Rodríguez, Angélica Gómez Sánchez, Juan Pedro Eyras Cubo, Carmen Edith Ángeles Chumacero, Ramón Ramos Sánchez, María Elvira García López e Patricia Otero Rodríguez. Suplentes: Marta María Amenero Castiñeira e Lucas Moreno Torres.