Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol acollerá as sétimas xornadas de dinamización do medio rural

Por 29 Abril, 2019Sin comentarios

A Asociación Cultural Carballo Vivo organizará nesta localidade friolense a sétima edición das Xornadas de Interpretación e Dinaminación do Medio Rural, que terán lugar os días 17, 19 de maio e 1 de xuño, aproveitando como todos os anos a celebración do Día das Letras Galegas.

Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións dos diferentes lugares que forman o Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento cultural, social e económico.

Entre os obxectivos desta xornadas figuran proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños para afondar no coñecemento da historia e patrimonio. A integración de todos os colectivos é tamén un dos eixes destas xornadas, que están abertas a todos os públicos.

A primeira xornada, que se desenvolverá no Muso de San Paio de Narla estará adicada a Antonio Fraguas e dará comezo ás 16.30 horas co acgo de inauguración. As lecturas dos nenos abrirán as actividades, que continuarán cunha ponencia de Antonio Prado sobre o escritor homenaxeado.

Trala obra de teatro Mulleres do Narla: Cambiemos o conto, do grupo de teatro Carballo Vivo, a Asociación Castelo Rato ofrecerá un concerto folk dentro do programa Musiqueando da Deputación.

A xornada do 18 de maio terá dúas partes. Pola mañá, no Centro Sociocultural de Carballo terá lugar unha conferencia sobre educación sexual para pais e nais seguido dun taller sobre este mesmo tema.

Pola tarde, xa no centro sociocultural de Friol terá lugar unha sesión dedicada a Xan de Forcados con varias charlas que culminarán coa actuación musical Carlos Casanova.

O 1 de xuño, de novo en Carballo, haberá unha ponencia pola mañá sobre o lobo e pola tarde seguido, ás 17.00 horas, dunha proxección. Ás 20.15 horas haberá unha ruta nocturna polo Monte do Carballo.

O sábado haberá cena no restaurante Roimil para todos os que o desexen. Os interesados deberán anotarse antes do 15 de maio no correo caballovivo@gmail.com. Ten un custe de 15 euros por persoa.

Consulta aquí o programa completo