Skip to main content
ActualidadeBarreiros

O BNG de Barreiros denuncia o abandono do material público das praias

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios


O BNG de Barreiros acusa á alcaldía do abandono ó que é sometido o material que se utiliza nas praias durante a época estival.
Xa hai catro meses, exactamente, o 19 de novembro, comentan, o grupo nacionalista publicaba nas súas redes sociais fotografías que deixaban ver o material de socorrismo e saneamento das praias, tirado diante dunha nave municipal, completamente á intemperie e sufrindo as inclemencias do tempo.
A día de hoxe o material segue alí tirado, e o BNG pide que o alcalde diga se é esta a imaxe de excelencia turística que pretende dar aos visitantes, ou se lle vai seguir a botar a culpa da mala imaxe do concello á oposición.
Ana Hermida, candidata do BNG á alcaldía, preguntoulle ao alcalde no último pleno da corporación municipal se estes elementos foran retirados e postos a cuberto, e o alcalde contestoulle que non, que seguían sen ser recollidos.