Skip to main content
ActualidadeAlfoz

Alfoz celebra en Semana Santa unha nova edicion da Ruta das Tapas

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Alfoz contará un ano máis, e xa son cinco, coa Ruta das Tapas, que terá lugar a fin de semana do 19, ao 21 de abril coincidindo coa Semana Santa. Esta cita está organizada polo Concello de Alfoz.
A ruta desenvolverase desde o venres 19 de abril ata o 21. Nesta edición participarán un total de cinco establecementos compostos por Cafetería Trébol, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Bar San Pedro e Restaurante A Naranxa.
As tapas participantes son, Malo será e Primavera da Cafetería Trébol; Delicias Pereiras e Tapa Salvaxe en Casa Pereiras; Mexillóns tigre e Guiso de pulpo en Bar Rodolfo; Mexillón de primavera e Brocheta de pulpo a feira en Bar San Pedro; e Crocante de langostino con guacamole e Escalope con mostaza e mel en A Naranxa.
Os participantes nesta ruta entrarán no sorteo de 200 euros en vales de compra no comercio local de Alfoz. Para optar ao sorteo, os participantes deberán selar a tarxeta de participación en todos os establecementos participantes en polo menos dous das tres xornadas da ruta. As tarxetas estarán a disposición dos participantes en todos os establecementos pertencentes á ruta.
Estas tapas que se poderán degustar nesta ruta serán gratuitas e serán valoradas polos participantes, habendo un premio á mellor tapa.

Ás degustacións nos locais, súmase a visita o sábado 20 ao ecomercado no que tamén de ofrecerán bocados aos visitantes.

Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá un autobús para facer o percorrido polos bares, animados con cantos de taberna.

Esta edición da ruta de tápalas coincidirá na fin de semana da celebración das probas artísticas das VI Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz, un aliciente máis para visitar as terras de Alfoz. Os premios entregaranse na última xornada das Olimpiadas Interparroquiais que se celebrarán o próximo 27 de abril.