Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Desconvocada a folga de atención primaria dos días 9, 10 e 11 de abril

Por 8 Abril, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

CCOO, CIG, UGT, CEMS-O’MEGA e CSIF, sindicatos convocantes da folga de atención primaria para os días 9, 10 de 11 de abril, decidiron hoxe desconvocar dita folga.

Tralas reunións mantidas hoxe coa Consellaría de Sanidade, os convocantes chegaron ao acordo de negociar todas as reivindicacións en dúas mesas que se constituirán para o efecto. Unha, de carácter laboral (mesa sectorial), na que se tratarán todas as cuestións relacionadas coas condicións de traballo. A outra, de carácter organizativo e asistencial, onde se creará o Consello Técnico de Atención Primaria (que terá carácter permanente).