Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Felicitacións do concello ao Burela FSF, que se proclamou campión da Copa Galicia na Coruña

Por 22 Abril, 2019Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, felicita ao Burela FSF, que onte se proclamou campión da Copa Galicia na Coruña ata onde se desprazaron os edís de Deportes e Igualdade para arroupar ás burelesas nesta importante cita deportiva.

O edil de Deportes quere “felicitar por ese triunfo que acaba de conseguir o Burela FSF en Coruña este fin de semana. Queremos felicitalas por ese gran éxito conseguido e dicir que o Concello de Burela está moi orgulloso deste novo título. A transcendencia que ten máis aló do deportivo para Burela sabemos que é moi importante”.

Fernández Rey agradece “o traballo das xogadoras, do corpo técnico e da directiva do club. Felicitar tamén a toda esa afección de Burela, na que me inclúo evidentemente, e esperemos que estas rapazas sigan dándonos éxitos. Vemos que o Burela FS Pescados Rubén é un referente xa a nivel nacional, con ese ascenso conseguido hai poucas datas á División de Honor Masculina. Esperemos que as rapazas poidan seguir pelexando por esa ansiada liga, que despois do tropezo doutro día ponse un pouquiño máis complicada, pero que estou seguro de que van loitar ata o último momento para poder conseguila”.