Skip to main content
ActualidadeCospeito

O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Cospeito encabezada por Yolanda García

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Cospeito. Un total de 11 persoas conforman esta candidatura “Presentámonos a estas eleccións municipais para facer de Cospeito un concello que esté ao servizo do povo, no que se cree emprego e riqueza” afirmou Yolanda García.

Segundo a candidata nacionalista “impulsaremos no concello un rural vivo, no que se potencie a actividade agraria, gandeira, económica e forestal para combater o despoboamento e crear riqueza e emprego en Cospeito” e engade “traballaremos por unha política consistente en dar servizo á veciñanza, ampliando os servizos públicos que se prestan desde o Concello e solicitando ao resto de administracións melloras nas prestacións dos servizos sanitarios, educativos, e de atención a persoas maiores, mulleres e crianzas”

A candidatura do BNG é, en palabras de García “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademáis a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.

Candidatura Do Bng

  1. María Yolanda García Cabana
  2. José Barreira Alonso
  3. María Montserrat Santiso Bello
  4. Alfonso Olegario Aguiar Ballesteros
  5. María Isabel Teijeiro Murias
  6. Carlos Montero Basadre
  7. María José Neira Maseda
  8. Miguel Lozano González
  9. Nuria Castro Vila
  10. David Garcia Iglesias
  11. Maria Fé Novo Otero