Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras organiza unha xuntanza de autocaravanas coincidindo co Raid

Por 25 Abril, 2019Sin comentarios

Coincidindo coa celebración do raid Gallaecia, que terá o seu paso obrigado polo concello de Muras, O Viveiró acollerá unha xuntanza de autocaravanas o sábado 11 de maio e o domingo 12, unha celebración que se realiza organizada en colaboración co propio concello.

Para esa fin de semana están previstas unha serie de actividades que se desenvolverán nesa zona baixa unha carpa para protexerse das inclemencias do tempo.

A xuntanza abrirá o sábado 11 ás 19.00 horas para dar paso ao concerto do grupo “Mi rollo es el Rock”  a partir das 21.30 horas.

O domingo desplegaranse varias actividades desde primeira hora da mañá (9.00), coa celebración dunha ruta de sendeirimos co título Rego dos Coruxos. A continuación abrirá unha zona de xogos infantís con agasallos para os máis pequenos de Superzings rematando cun showcooking a cargo de David Eiroa. Tamén haberá animación para cando pase o Raid co Speacker Pipe, previsto para as 13.00 horas.

Todas as actividades son en aberto para todos e todas ademais dos acompañantes dos equipos.