Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba convoca unha nova edición do concurso de microrrelatos

Por 11 Abril, 2019Sin comentarios

Dende as concellerías de Educación e Cultura de Vilalba e en colaboración con Culturalia GZ, convócase unha nova edición do  Certame de Micorrelatos con motivo da celebración do Día do Libro 2019.

Nel poderán participar todas as persoas que o desexen e haberá tres categorías, infantil, xuvenil e adultos, con distintos premios. A temática dos microrrelatos (un por persoa) será libre, mais debe conter no seu corpo narrativo a palabra LIBRO. A extensión máxima dos microrrelatos será de 100 palabras, título incluído.

A data de recepción dos textos remata ás 23:59 horas do 3 de maio de 2019 a través do seguinte enderezo electrónico: patriciateijeiro@vilalba.es.

Pódense consultar as bases no seguinte enlace