Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade investirá 208.000 euros do Plan Único en arranxo de estradas

Por 6 Abril, 2019Sin comentarios

O alcalde de Xermade, Roberto García anunciou que o concello destinará un total de 208.000 euros do Plan Único da Deputación a mellorar estradas e pistas en Roupar de Arriba, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras de Xermade, Bidueiro (en Momán), Requengo, Xemaré, Vilariño, na propia Xermade e en Cazás, entre outras. Tamén se destinarán para amañar as beirarrúas de Momán uns 25.339 euros da mesma partida.

Segundo indicou o mandatario, dentro da partida prevista para o concello, de 301.000 euros, desintarán 23.403 para o Servizo de Axuda. Tamén haberá partidos dirixidas a incentivar a actividade cultural no termo municipal, con axudas para a realización do Encontro dos Torneiros, o campo de traballo da excavación arqueolóxida da Neveira, así como do resto de cursos e actividades que se organizan durante o ano. Completan a partida con cartos para o Depuemprego e unha axuda para Protección Civil.

O alcalde indicou tamén que destinarán tamén os cartos do Fondo de Compensación Ambiental á compra dun rodillo pisón para as estradas e os campos de fútbol, que ten un custe de 30.000 euros. Neste capítulo tamén se incluirá un filtro para a rede de abastecemento da auga en Roupar cun orzamento de 12.000 euros, así como a contratación dun arquitecto e un traballador para a maquinaria muncipal.

OBRAS FINALIZADAS

O alcalde anunciou tamén que o Concello vén de rematar a obras de construción dunha pista forestal en Cabreiros, entre Vilacide e Cabreiros na zona de concentración parcelaria, que ten o obxetivo de dar servizo ás granxas e poder explotar os montes xa que os propietarios non tiñan acceso para poñer a producir os terreos. Ten unha lonxitude de 1,7 km.

Ademais, fíxose en Candamil outra pista para unir dúas pistas de concentración parcelaria tamén de zahorra en Catiñeiras de Xermade.

XERMADE NA HISTORIA

O xurado do premio Xermade na Historia declarou deserto o premio nesta edición xa que só se presentou os traballos e segundo o xurado, non cubría os requisitos das bases.