Skip to main content
ActualidadeXermade

O libro fotográfico Cabreiros no tempo recupera a memoria e historia dos lucenses

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, o presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros, José Manuel Felpeto, e  o profesor da USC, Jesús Rodríguez, presentaron, na Casa Escola do concello chairego, o libro Cabreiros no tempo editado por este colectivo veciñal de Xermade. A publicación conta coa colaboración da Deputación cunha achega de 1.300 euros.

Eduardo Vidal subliñou “con esta publicación contribuímos a recuperar a memoria e historia das xentes lucenses dando a coñecer como era, a vida cotiá na nosa provincia, durante o século XX”.

A través de antigas fotografías, recompiladas entre os veciños, o libro recupera o pasado e a historia desta parroquia de Xermade entre os anos 1910 e 1980. A publicación aglutina dez temas reflectindo escenas da vida cotiá, dos labores do campo, a escola, festas, música e a emigración.

Na primeira tirada desta publicación editáronse 200 libros. O proxecto foi coordinado por José Manuel Felpeto e Suso Rodríguez. Cándido Díaz encargouse do traballo técnico coas fotografías. O prólogo do libro está asinado polo historiador chairego Ramón Villares.