Skip to main content
ActualidadeFoz

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia un novo ataque ao suprimirse un técnico de transporte da ambulancia medicalizada de Foz

Por 3 Maio, 2019Sin comentarios

A publicación o pasado 29 de abril dos pregos para o novo concurso de ambulancias de Galiza confirma novamente a agresión  e desprezo ao que o goberno da Xunta de Galicia ten sometida á comarca da Mariña, ao suprimir, sen aviso previo e de forma inesperada,un dos dous técnicos de transporte sanitario que conforman a dotación de persoal da ambulancias de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz. O inicio da actividade desta ambulancia data do ano 2007, creada co obxectivo de realizar o transporte sanitario urxente , tanto primario ( asistencia extrahospitalaria urxente) como secundario ( interhospitalario). Por definición este tipo de ambulancias deben contar cun cadro de persoal formado por dous técnicos sanitarios, persoal facultativo e de enfermería.

O feito de que se elimine un/ha d@s técnic@s de transporte sanitario só en Monforte e na Mariña  confirma unha vez máis as teses mantidas por este colectivo sanitario desde hai tempo e que van no senso de que “ao goberno de Nuñez Feijoo impórtalle moi pouco que comarcas periféricas e alonxadas das cidades queden en inferioridade de condicións en canto a asistenza sanitaria urxente, amosando moi pouco ou ningún interés  polo que lles ocurra aos pacientes da Mariña e Monforte, aos que deixa abandonad@s e convertid@s en cidadáns de segunda , algo que non imos consentir”- manifesta Montse Porteiro, coordinadora da plataforma .

A supresión dun d@s técnic@s nesta ambulancia  na Mariña , a maiores dun agravio comparativo con outras áreas, pode significar que unha persoa  cunha patoloxía que pon en risco a súa vida  , onde o tempo e  un factor clave para a recuperación das funcións vitais, vexa comprometida  a súa  vida polo feito de que se tomen decisións políticas que primen os intereses economicistas por enriba das necesidades das persoas . Nunha situación de urxencia extrahospitalaria  con parada cardiorrespiratoria ,é imprescindible todo o persoal e cada un/ha ten un papel moi relevante, pois mentres @ facultativ@ ten que adicarse á restablecer a vida aérea  e o persoal de enfermería ten que atender á  administración de fármacos por vía venosa e ao mantemento da mesma, @s técnic@s son os encargad@s das compresións torácicas , debendo turnarse cada dous minutos , xa que “ manter o ritmo de compresións torácicas adecuado para garantir a recuperación fai imprescindible que se alternen amb@s profesionais”- comentan desde o colectivo.No caso de que nesta mesma situación só dispoñamos dun/ha técnica obrigaría a chamar a un apoio dunha ambulancia de soporte vital básico( SVB) , que están dotadas con dóus profesionais técnicos, deixando descoberto o servizo noutro lugar.  “Nunha comarca como esta, onde as estradas son tercermundistas e tardas en percorrela dunha punta á outra máis dunha hora,o feito de ter que solicitar apoio doutra ambulancia por non ter o cadro de persoal completo, significaría deixar desatendidas  a outras persoas xa que a dotación de ambulancias de SVB é deficiente na Mariña, ou no caso de contar cun só técnico, diminuir a eficacia das maniobras de reanimación polo lóxico esgotamento do profesional. Igualmente existen outras múltiples situacións de emerxencia sanitaria que  se contraindica a presenza dun só  técnico”- conclúen @s activistas sanitarios.