Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Resurrection Fest contará coa opción de durmir en cápsulas futuristas

Por 5 Maio, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

O Resurrection Fest, festival de música metal, hardcore e punk que se celebra en Viveiro do 3 ao 6 de xullo de 2019, contará cunha novidosa opción de descanso para relaxarse despois das duras xornadas do festival. Trátase de cápsulas do futuro, un aloxamento portátil de estilo xaponés que se atopa dispoñible na zona de Glamping, é dicir, a zona de acampada máis luxosa do recinto para os asistentes que prefiren maneiras de descansar diferentes das clásicas tendas de campaña.

As zonas de descanso do Resurrection Fest divídense en catro opcións, todas elas preto do recinto onde se celebra o festival: BeachcampResucampZona de descanso y Glamping.

Dentro das novidades atópase a Beachcamp, situada na praia de Area, un dos areais máis tranquilos do concello de Viveiro, cunhas vistas inigualables. A zona Resucamp, máis económica, que tamén é a que a maioria dos asistentes ao festival elixen pola súa ubicación, máis próxima ao recinto dos concertos.
zona de descanso e acampada libre é outra opción, a máis económica, pero con menos servizos, e por último o  Glamping, a máis completa.
Dentro da opción do Glamping os asistentes ao festival poderán elixir entre distintas opcións segundo o tipo de aloxamento que desexen, entre as que se atopa a Cápsula. Un aloxamento moi similar ao dos famosos hoteis cápsula xaponeses que conta con aire acondicionado, chave de tarxeta, xogo de sabas completo, toalla, caixa de seguridade, conectores usb para carga e luces led interiores.
Esta nova e futurista opción para unha ou dúas persoas (segundo dispoñibilidade) atópase dispoñible a través de  theglamping.com por 590 euros (que haberá que sumar ao prezo da entrada do festival).