Skip to main content
Actualidade

Outeiro asina co Incyde un convenio para a realización do programa Autoemprego e Consolidación Empresarial

Recentemente asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Outeiro de Rei e a Fundación INCYDE para o desenvolvemento dun programa de formación denominado Autoemprego e Consolidación Empresarial dentro do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado polo FSE.

O obxecto do convenio é establecer unha colaboración das partes asinantes para favorecer a posta en marcha dunha acción formativa encamiñada ao fomento do emprendemento que se complementará coa realización de xornadas/talleres de orientación e sensibilización, mentoring, seguimento, etc.

As materias a impartir dentro destes programas formativos proporcionarán ás persoas participantes unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa, para poder determinar oportunidades de mercado a través do coñecemento das ferramentas de xestión.

No terreo práctico, perséguese o desenvolvemento dos proxectos de empresas presentados polos participantes e a definición dos problemas da súa posta en marcha.

O presuposto total desta iniciativa é de corenta e cinco mil euros (45000,00 euros), no que a Fundación INCYDE aporta 36000,00 euros (80%) e o Concello de Outeiro de Rei 9000,00 euros (20%).