Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O PP de Ribadeo inclúe no seu programa electoral a construcción de dúas novas plantas no aparcamento municipal

Por 16 Maio, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de Ribadeo inclúe no seu programa electoral a construción de dúas novas plantas no aparcamento municipal para triplicar o seu número de prazas. Esta iniciativa foi presentada polo candidato do PP á Alcaldía ribadense, Daniel Vega, no propio aparcamento e ademais fixo públicas imaxes de como quedará o parking despois desa ampliación.

Daniel Vega explicou que se trata dunha “proposta clara para solucionar un problema que existe en Ribadeo, a falta de prazas de aparcamento. Nós levamos no programa electoral a ampliación do actual aparcamento municipal en dúas fases, a curto e medio prazo. En primeiro lugar construiríase un subterráneo, co que duplicaríamos as prazas de aparcamento; e a medio prazo faríase unha altura, co que se triplicaría a capacidade do parking”.

No apartado de aparcamentos e seguridade viaria do programa dos populares de Ribadeo inclúese tamén que xestionarán “a construción dun segundo acceso á vila ribadense desde a autovía A8 e doutro acceso á circunvalación desde a estrada de Vilela; a mellora da iluminación na vila, especialmente nos pasos de peóns, e tamén nas parroquias; a humanización dos barrios periféricos da vila; a redacción dun novo plan de tráfico e seguridade viaria, que poña especial atención nas zonas escolares, e a construción de aparcamentos públicos nas parroquias, nunha primeira fase en Rinlo, Santalla de Vilaosende, Couxela e Covelas”.