Skip to main content
ActualidadeViveiro

Por Viveiro apostará pola humanización da travesía da Mariña, entre a praza de Lugo e a porta de Carlos V

Por 20 Maio, 2019Sin comentarios

Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Paula Ínsua, concederon unha rolda de prensa na travesía da Mariña, para explicar o seu proxecto para a zona.
Os Independentes de Por Viveiro apostan pola reforma da Travesía da Mariña entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V, co obxectivo de levar a cabo unha humanización da rúa e ao mesmo tempo dotar os Xardíns Noriega Varela de vexetación e árboreda, para convertila así nun verdadeiro Xardín no centro de Viveiro.
A aposta dos independentes, enlaza co estilo da obra realizada na Avenida de Cervantes, que prioriza o uso peatonal fronte aos vehículos, pero compartindo circulación, e neste caso polas necesidades do propio Casco Histórico, mantendo aparcamentos e creando zonas de aparcamento rápido, coma en outras ciudades.
Bernardo Fraga, declarou ao rematar a comparecencia ante os medios “Esta aposta enlaza co modelo de Cidade e de Concello polo que apostamos. Unha cidade moderna e con vida, que de prioridade ás persoas e que cada vez conte con máis zonas deste tipo no entorno do Casco Histórico”