Skip to main content
Actualidade

As tapas de El Oviedo, O Piano, Marinero e Texturas galegas son as premiadas no XIV Ribadeo de Tapeo polo xurado profesional

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

Un total de 11 tapas, das 45 que participaron no XIV Ribadeo de Tapeo, se presentaron a concurso. O xurado profesional deu a coñecer a súa decisión hai uns minutos. O primeiro premio desta edición foi para El Oviedo con Rillete de raia e botarga, licuado de chícaros, tubérculos e oblea de castañas, o segundo premio correspondeulle a O Piano con O que quedou da Calafete e o terceiro premio recaeu no Marinero con Días de feira. O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas con Lareira do mar.
O xurado do XIV Ribadeo de Tapeo estivo composto por Bruno Lombán do restaurante Quince Nudos, de Ribadesella, vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprika de Lugo; Maricha Bermúdez, alma máter do restaurante La Taberna de Rotilio, de Sanxenxo; Toñi Vicente, unha muller referente na cociña galega e unha das primeiras estrelas Michelín e dous profesionais da hostalería, que levan varios anos colaborando co Ribadeo de Tapeo: Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez.
Pendentes quedan as mellores tapa e barra que elixe o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo. Ese resultado será escrutado en base ás diferentes urnas que se foron deixando nos bares e onde os participantes foron depositando o seu voto para decidir cal é mellor tapa e a barra que máis gustou pola súa decoración.