Skip to main content
ActualidadeAlfoz

O alcalde de Alfoz di que “é fundamental continuar o proxecto progresista para que os veciños conten cun futuro mellor"

Por 24 Maio, 2019Sin comentarios

“Dende o Goberno Municipal socialista puxemos nestes 4 anos os cimentos, agora toca continuar o proxecto progresista que permita mellorar o futuro de Alfoz”, subliñou o alcalde, Jorge Val, no mitin celebrado este xoves e no que participou o Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo, a Deputada socialista no Parlamento Galego, Patricia Otero, e a Secretaria de Organización Local, Arantxa Incera.
O rexedor socialista destacou que “partíamos dunha situación moi negativa, de parálise e abandono por parte do Partido Popular, pero neste mandato logramos asentar unha boas bases para dar o cambio en positivo que necesitaba Alfoz e para que os nosos veciños contaran con prestacións básicas que non tiñan. Acondicionamos accesos, instalamos alumeados, melloramos as traídas de auga, rehabilitamos edificios públicos e ofrecemos atención profesional aos nosos maiores. E o fixemos porque a nosa prioridade foron sempre as persoas e resolver os seus problemas, gobernando para todos. Problemas herdados pola mala xestión do PP. Pero iso xa é pasado. Hai que mirar cara adiante, cara ao futuro e iso só será posible da man do PSOE”.
“Os veciños son conscientes de que cando aos socialistas vainos ben a eles tamén porque o demostramos con feitos. O Fixemos dende o Goberno da Deputación destinando máis de 1,4 millóns e o estamos facendo dende o Executivo Central defendendo o Estado de Benestar. Agora é o momento de continuar con este camiño. Por iso, este domingo estou convencido de que os veciños de Alfoz encherán as urnas de votos para seguir medrando e avanzando”.