San Martiño de Ferreiros, en Pol, celebra esta fin de semana as súas festa patronais na honra da Virxe da Concepción.
Os actos darán comezo o día 25 coa misa e a procesión, ás 13.30 horas, seguido dunha sesión vermú coa orquestra Fénix, a mesma que se ocupará da verbena xunto ao dúo Os Adrianos.
O domingo 26 seguirán os actos festivos coa música do mesmo dúo na sesión vermú que porá punto e final á festa. Antes, haberá, de novo ás 13.30 horas, a misa solemne e a procesión.