Skip to main content
Actualidade

O PSOE de Castro de Rei presenta un proxecto “sen discriminacións e mirando cara o futuro do Concello”

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

O PSOE de Castro de Rei presenta un proxecto ambicioso “cun grupo moi unido, con moitas caras novas, coa ilusión e as ganas de traballar por mellorar o Concello e poñer fin á situación de parálise á que nos ten sometido o Goberno do PP”. Así o subliñou o candidato dos socialistas á alcaldía, José Luis Castro Tellado, no mitin celebrado este mércores, no que participaron o Secretario Xeral Provincial do PSOE, Álvaro Santos, e o Secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga.

Castro Tellado apuntou que “presentamos un proxecto sen discriminacións e mirando ao futuro de Castro de Rei. Queremos facer un Concello moderno, participativo e democrático que atenda as necesidades da maioría da poboación nos tres ámbitos primordiais da vida: saúde, servizos-socioeconómicos e relacións sociais e persoais”.

“Contamos cun programa baseado nas persoas, que busca mellorar as infraestruturas e dotacións públicas, para deixar atrás a situación de abandono á que someteu o PP ao rural dende que chegou ao goberno, hai 8 anos. Ao mesmo tempo que defendemos un cambio de xestión co obxectivo de que non haxa veciños de diferente categoría”, apuntou.

Neste senso, o candidato socialista á alcaldía avanzou que “entre outros aspectos, crearemos vivendas sociais no municipio, para fixar poboación, sobre todo xente nova; renovaremos e acondicionaremos as beirarrúas e o alumeados públicos; e amañaremos o campo de herba artificial co financiamento da Deputación Provincial”.

Tellado subliñou que “ademais, executaremos un Plan Integral para mellorar as traídas, os abastecementos e os depósitos de auga das parroquias para un correcto funcionamento das mesmas, obtendo unha mellor calidade da auga no Concello. Todo isto co apoio da Confederación Hidrográfica, cuxo presidente nos acompaña hoxe neste acto, como mostra do seu compromiso e apoio”.

“O PSOE goberna o Estado, está á fronte da Confederación Hidrográfica, coa que limpar os ríos como fixemos no 2007-2011. E sobre todo, o PSOE goberna a Deputación, dende onde achega gran cantidade de recursos para estradas, traídas de auga, infraestruturas e dotacións públicas… Imos perder outros catros cun goberno do PP? O mesmo partido que goberna a Xunta de Galicia e que non trae inversións para Castro de Rei?”, cuestionouse.

Tellado lembrou “o gran cambio que experimentou o noso concello na lexislatura 2007-2011” e reflexionou sobre o positivo que sería para Castro de Rei “volver a aqueles anos de inversións e servizos, que o Goberno do PP votou pola borda”. Por iso, pediu o voto para a candidatura do PSdeG-PSOE para que “o cambio sexa posible”.