Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXAXove

Xove acollerá o 17 de maio a final senior da Copa Galega de Fútbol Gaélico

Por 5 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O vindeiro venres 17 de maio terá lugar no campo de fútbol de entreno municipal de Xove a final sénior da Copa Galega de Fútbol Gaélico.
O fútbol gaélico é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling. Xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo.
O mellor do mellor do Gaélico Galego darase cita o día 17 de maio no Concello Xove para decidir o campión masculino e feminino da competición. Os catros mellores equipos de cada categoría estarán aquí en formato de semifinais e final para a disputa da copa.