Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Este sábado a banda de gaitas Sons da Chaira ofrecerá un concerto na escola municipal de música e danza de Ribadeo

Por 10 Maio, 2019Sin comentarios

Este sábado, 11 de maio, ás oito da tarde terá lugar un concerto da banda de gaitas Sons da Chaira. Será na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e enmárcase nos actos  do XXV aniversario da EMMeD.
Esta xove banda de gaitas fundada no ano 2014, está dirixida por Brais Monxardín e Miguel Anxo López “Chino”,  e fórmana uns 35 compoñentes pertencentes ás Escolas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.
Pese á súa curta vida, participou nos anos 2016 e 2017 no Festival de Ortigueira así como en actuacións en numerosas cidades do país. No ano 2018 foi seleccionada para representar a Galicia no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient (Francia), onde acadou unhas inmellorables críticas pola súa calidade musical.
O repertorio de Sons da Chaira baséase na interpretación, respectando na medida do posible, a esencia e o estilo da música tradicional da provincia de Lugo, incluíndo tamén obras e arranxos de creación propia que lles permiten obter un toque de orixinalidade.